[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 23 DE MAIO DE 2013 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » A Deputación » Organismos Autónomos » ORAL

ORAL 

Organismo Autónomo Provincial
de Xestión de Recursos Locais - ORAL

CALENDARIO FISCAL 2012

D. BERNARDO SARTIER BOUBETA, Secretario Acctal. do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais - ORAL,

CERTIFICA:

Que o Consello Reitor do ORAL celebrado o día vinte e tres de decembro de 2011 acordou entre outros o seguinte:

2. CALENDARIO FISCAL PARA O EXERCICIO 2012

Vista proposta do servizo de recadación de 12/12/2011, relativa ao Calendario de Recadación Voluntaria para o vindeiro exercicio 2012, o Consello Reitor acorda por unanimidade aprobar o seguinte Calendario fiscal:

ImpostosData InicioData FinData Cargo Cta. (1)
I.V.T.M.31 de marzo01 de xuño04 de maio
I.B.I.31 de xullo15 de outubro05 de setembro
I.A.E.31 de agosto02 de novembro02 de novembro
Taxas e P.P.Data InicioData FinData Cargo Cta. (1)Data Límite (2)
1º trimestre31 de xaneiro02 de abril05 de marzoata o 31 de outubro
2º trimestre30 de Abril02 de xullo05 de xuñoata o 31 de xaneiro
3º trimestre31 de xullo01 de outubro05 de setembroata o 30 de abril
4º trimestre27 de outubro28 de decembro05 de decembroata o 31 de xullo

(1).- Data de cargo en conta para os recibos con orde de domiciliación bancaria (D.B.).

(2).- Data límite para que os concellos comuniquen ao ORAL as modificacións (Altas, Baixas, etc…), dos padróns.

Nun prazo máximo de 45 días naturais a partir das datas límite sinaladas, os padróns terán que estar aprobados pola Dirección e cargados na aplicación, para que o servizo de recadación dispoña de marxe suficiente para gravar as domiciliacións bancarias e enviar os ficheiros para a impresión dos recibos, co fin de que cheguen aos contribuíntes nos días de inicio de cobranza.

O calendario fiscal, unha vez aprobado polo Consello Reitor, publicarase na páxina web da Deputación, e remitirase ós Concellos cuxa xestión e recadación tributaria fora delegada no ORAL para que se publique nas súas respectivas páxinas webs se así o estiman procedente.

E para que conste, a efectos oportunos, estende a presente, de orde e con visto e prace do Ilmo. Sr. Presidente, a nove de xaneiro de 2012.

Visto e prace
O PRESIDENTE,

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 09/01/2012 14:57
Copyright © 2002-2013, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/