[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 28 DE MAIO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cultura » Cultura

Páxina 1 [2]
CULTURA 

Deputación de Pontevedra

PREMIOS PROVINCIAIS Á INVESTIGACIÓN 2010

BASES | Acta do xurado

ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DOS PREMIOS PROVINCIAIS Á INVESTIGACIÓN 2010

Na Sala de Xuntas desta Deputación Provincial, sendo as 10,00 horas do 28 de abril de 2011, reúnese o Xurado cualificador dos Premios Provinciais á Investigación 2010 presidido por D. JOSÉ JUAN DURÁN HERMIDA, vicepresidente e presidente da Comisión Informativa de Cultura e os vogais D. ÁLVARO XOSÉ LÓPEZ MIRA, en representación da Universidade de Vigo, DONA JOSEFINA GARRIDO GONZÁLEZ, en representación da Universidade de Vigo, D. LUIS ORTIZ TORRES, en representación da Universidade de Vigo, DONA BEATRIZ RODRÍGUEZ LÓPEZ, en representación da UNED- Centro Asociado de Pontevedra, DONA ROSA ANA MALVAR PINTOS, en representación da Misión Biolóxica de Galicia, D. ANTONIO BALLESTER ÁLVAREZ-PARDIÑAS, en representación da Real Academia Galega de Ciencias, D. XOSÉ CARLOS VALLE PÉREZ, director do Museo Provincial de Pontevedra, D. MIGUEL PEREIRA FIGUEROA, xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, DONA MERCEDES COSTAS FERNÁNDEZ, en representación do Servizo de Cultura actuando como Secretario D. ANTONIO SANTOS GUERRA, Xefe do Servizo de Cultura.

Tendo por obxecto fallar os traballos presentados ós Premios convocados e previa deliberación e informe dos traballos por parte dos membros do Xurado, acordouse a concesión dos seguintes premios:

APELIDOS E NOMETÍTULO
CIENCIAS E TECNOLOXÍA.- 3.000,00 €
Declarado deserto
HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS.- 3.000,00 €
Declarado deserto
PROVINCIA DE PONTEVEDRA.- 3.000,00 €
Declarado deserto
PREMIO CARMELA ARIAS DÍAZ DE RÁBAGO.- 3.000,00 €
Portela Vázquez, Alberto Manuel 36138095-NCruz Gallástegui, su aportación a Pontevedra con la Misión Biológica de Galicia y al desarrollo del campo gallego
TESES DE DOUTORAMENTO: CIENCIAS E TECNOLOXIA.- 2.000,00 €
Premios Ex Equo
Solla Agra, Eugenio Luis 76926329-TRecubrimientos de Hidroxiapatita substituída con Silicio mediante Ablación Láser
Vázquez Vázquez, Olalla 44086527-NReconocimiento de secuencias de ADN: Nuevos agentes específicos y sensores fluorescentes
TESES DE DOUTORAMENTO: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS.- 2.000,00 €
Maseda Maseda, Francisco Fidel 33339449-YLois Tobío: vida e obra dun humanista galego e dun galegista Universal
López Calderón, Marica 44810102-FLenguaje, estilo y modo en la escultura de Francisco de Moure y José Gambino
PROXECTOS FIN DE CARREIRA, FIN DE MÁSTER e DEA: CIENCIAS E TECNOLOXÍA.- 1.800,00 €
Premios Ex Equo
Valle Martínez-Sapiña, Jacobo Manuel 77405379-YDiseño y evaluación de métodos robustos para el reconocimiento de iris
Cendán Teijeiro, César 33347047-ZFontes de variación no peso da semente de Pinus pinaster e a súa influencia no fenotipo da proxenie
TESES DE LICENCIATURA , PROXECTOS FIN DE CARREIRA, FIN DE MÁSTER e DEA: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS.- 1.800,00 €
Premios Ex Equo
Velasquez Fernández, Wajari Y0052935-ALa alfarería entre cultura y naturaleza: Estudio tecnológico de la cerámica neolítica de la Provincia de Pontevedra, Galicia, España
Lamoso González, Ana Paula 77409527-ZO Public Lobbying: O Caso Galego
NOVOS INVESTIGADORES: Novas Tecnoloxías.- 2.000 €
Estévez González, Víctor 76867072-ZMetodología basada en S.I.G. para la ordenación del territorio litoral

Chegado o momento de proceder á valoración dos traballos presentados na modalidade de Proxectos Fin de Carreira: Ciencias e Tecnoloxía o membro do Xurado D. Carlos Valle Pérez auséntase da reunión por motivos persoais.

Así mesmo, e en atención ó fallo deserto das modalidades: Premios de Investigación: Ciencias e Tecnoloxía, provincia de Pontevedra e Premios a Novos Investigadores: Humanidades e Ciencias Sociais, este Xurado propón a concesión da totalidade dos premios na modalidade de: Teses de doutoramento: Ciencias e Tecnoloxía e Humanidades e Ciencias Sociais a cantidade de 2.000,00 € a cada un dos premiados; Proxectos fin de carreira: Ciencias e Tecnoloxía e Humanidades e Ciencias Sociais a cantidade de 1.800,00 € a cada un dos premiados.

E non habendo máis asuntos, dáse por rematada a reunión, sendo as 12,30 horas do mencionado día, do que eu, como Secretario dou fe.



Páxina 1 [2]

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 09/05/2011 18:11
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/