[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 19 DE ABRIL DE 2014 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cultura » Cultura

Páxina [1] 2
CULTURA 

Deputación de Pontevedra

PREMIOS PROVINCIAIS Á INVESTIGACIÓN 2011

Bases | Acta

A Deputación de Pontevedra, dentro das súas múltiples actividades no ámbito da cultura, vén dando preferencia especial a quen se dedica a tarefas de investigación co fin de estimular e premiar traballos que, sen dúbida, redundarán no beneficio do progreso e do benestar social. consciente da importancia de todo isto, e seguindo a traxectoria emprendida dende hai anos, convoca os Premios Provinciais á Investigación 2011, que se rexerán polas seguintes

BASES

Primeira.—
A convocatoria ten por obxecto fomentar a investigación, concedendo os seguintes premios:

PREMIOS Á TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN

  • ciencias e Tecnoloxía, dotado con 3.000€
  • Humanidades e ciencias Sociais, dotado con 3.000€
  • Provincia de Pontevedra (tema libre é referido á provincia), dotado con 3.000 €
  • PREMIO CARMELA ARIAS DÍAZ DE RÁBAGO” (referido a persoeiros da provincia de Pontevedra, no ámbito local, provincial, galego ou internacional, que se caracterizasen pola súa contribución á mellora e desenvolvemento da comunidade) dotado con 3.000€

PREMIOS PARA XOVES INVESTIGADORES

  • Novas Tecnoloxía, dotado con 2.000€.
  • Humanidades e ciencias Sociais, dotado con 2.000€.

Enténdese por xoven investigador,ser maior de idade, na data da conclusión do prazo desta convocatoria e non superar a idade de 26 anos.

REQUISITOS PARA OPTAR OS PREMIOS”TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN” E” XOVES INVESTIGADORES”

  1. Os traballos deberán ser de investigación, inéditos e redactados especificamente para a convocatoria en calquera dos idiomas oficiais da comunidade Autónoma de Galicia (castelán ou Galego).
  2. Os traballos presentaranse por triplicado en soporte de papel, unha copia en formato dixital e un resumo de 20 folios como máximo, ademais do currículo e os méritos do autor ou autores, facendo constar expresamente que non é tese, nin foi presentado ou lido como tal.
  3. Un mesmo traballo non se poderá presentar a diversos epígrafes. Para garantir o seu anonimato proporanse “baixo un lema” sen que conste a identificación do seu autor.

PREMIOS PARA TESES

  • Teses de doutoramento ciencias e Tecnoloxía, dotado con 2.000€
  • Teses de doutoramento Humanidades e ciencias Sociais, dotado con 2.000€

REQUISITOS PARA OPTAR ÓS PREMIOS PARA TESES

  1. As teses tiveron que ser defendidos nos anos 2010 ou 2011 en calquera dos campus das universidades galegas. Tamén poderán tomar parte desta convocatoria os licenciados polas universidades galegas, que defendesen as súas teses noutras universidades, sempre que versasen sobre temática galega.
  2. Deberán achegar a correspondente certificación académica.
  3. As teses presentaranse en calquera dos idiomas oficiais da comunidade Autónoma de Galicia (castelán ou Galego) co seu título orixinal, por duplicado en soporte de papel, así como unha copia en formato dixital. Adxuntándo un resumo de 20 folios como máximo. Os citados premios financiaranse con cargo á aplicación 11/330.334.481.01 do vixente orzamento provincial.

Segunda.—
As instancias para tomar parte no concurso dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no Rexistro Xeral deste organismo ata o 14 de novembro de 2011, especificando o premio ó que se opta, e acompañada da fotocopia do DNI.

Terceira.—
Non poderán presentarse a estes premios as persoas que teñan a condición de funcionario, persoal laboral, o persoal que teña relación contractual coa Deputación de Pontevedra.

Cuarto.—
A selección e proposta da concesión de premios encoméndaselle a un xurado integrado polos seguintes membros:

  • Presidente: o titular da Deputación ou deputado en quen delegue.
  • Vogais:
    o presidente da comisión Informativa de cultura..
    catro profesores nomeados pola Universidade de Vigo.
    un representante da UNED.
    un representante da Misión Biolóxica de Galicia.
    un representante da Real Academia Galega de ciencias.
    tres persoas nomeadas pola Presidencia de recoñecido prestixio no eido da investigación.
    un representante do departamento de cultura
  • Secretario: o titular da corporación ou funcionario en quen delegue. Este xurado, que non poderá constituírse nin actuar sen contar coa asistencia de máis da metade dos seus membros, resolvendo todas as incidencias que se presenten, e sendo as súas decisións inapelables, poden solicitar a axuda de asesores especialistas en cada materia.

Quinta.—
O xurado cualificará o concurso coa maior amplitude de criterios, valorando a orixinalidade, obxectivos que pretende, método seguido, resultado, conclusións e aplicación práctica e currículo do autor, dando prioridade ós temas relacionados coa provincia de Pontevedra e con Galicia, eliminando aqueles traballos que non poidan catalogarse como de investigación específica.A decisión do xurado darase a coñecer mediante unha acta que, pasará a coñecemento do presidente ou o órgano competente en quen delegue para prestarlle a súa conformidade.

Sexta.—
Durante o prazo dun ano, a partir da emisión do fallo, a Deputación resérvase o dereito de publicar os traballos; transcorrido este e coa autorización deste organismo, poderá facelo o autor pola súa conta.

A concesión do premio non implica a perda da propiedade intelectual.

Un exemplar de cada un dos traballos presentados quedará na Biblioteca de Inéditos desta Deputación de Pontevedra.

Aqueles que non fosen galardoados poderán retirar os traballos no Servizo de cultura desta Deputación, no prazo de tres meses, contados desde a resolución do concurso, pasados os cales, quedará exenta a responsabilidade das devolucións non solicitadas.

Sétima.—
Os Premios Provinciais á Investigación 2011, entregaránse no marco dun acto institucional organizado pola Deputación de Pontevedra.



Boletín Oficial da Provincia, data 28/03/11, número 60, páxina 25, anuncio 2011002966.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 25/04/2012 13:37
Copyright © 2002-2014, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/