[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 20 DE XUÑO DE 2013 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios » Comercio » OPIC

Páxina 1 2 [3]
DESENVOLVEMENTO LOCAL E FONDOS COMUNITARIOS 

Oficina provincial de información ao consumidor OPIC

A primeira Oficina Provincial de Información ó Consumidor (OPIC) na Comunidade Autónoma galega creouse en 2009 grazas a un convenio de colaboración asinado co Instituto Galego de Consumo da Xunta de Galicia.

A apertura desta oficina dotou a cidade de Pontevedra dun lugar físico ó que os cidadáns se poden dirixir co fin de seren asesorados e atendidos en materia de consumo ou para tramitar as súas reclamacións co Instituto Galego de Consumo.

A Oficina Provincial de Consumo, OPIC, presta os seguintes servizos:

  • Tramita e xestiona as reclamacións dos consumidores e usuarios.
  • Responde ás consultas dos cidadáns.
  • Informa e forma para que todos coñezamos os nosos dereitos e obrigas.
  • Media coas empresas reclamadas e promove o sistema arbitral de consumo como procedemento gratuíto, rápido e eficaz para resolver conflitos extraxudicialmente.
  • Colabora coa Inspección de Consumo e coas unidades da Policía Local dos concellos da provincia para controlar os mercados, transmitir información e detectar os produtos inseguros.
  • Apoia os concellos de menor poboación e que non teñen oficina municipal de información ó consumidor, OMIC, para defender os consumidores e usuarios.

A Oficina Provincial de Información ó Consumidor convive coa Área de Comercio da Deputación de Pontevedra e coa Oficina Provincial de Comercio REDIC, situadas na 2ª planta do edificio administrativo da Deputación de Pontevedra

Páxina 1 2 [3]

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 18/01/2012 10:01
Copyright © 2002-2013, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/