[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 15 DE DECEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cidade Infantil Príncipe Felipe

CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE 

Presentación

A Cidade Infantil Príncipe Felipe inaugurárona en 1976 os reis don Juan Carlos e dona Sofía. A institución, de carácter educativo e benéfico-social, foi concibida para albergar e formar os nenos e mozos que, por unha ou outra circunstancia, cumpría acoller e protexer.

O obxectivo foi desde un primeiro momento encargarse da educación destes rapaces pero non illadamente, como seres marxinados da sociedade, senón que alumnos residentes e externos convivisen e se educasen nun clima no que reinase a igualdade entre eles.

A este obxectivo inicial, que segue sendo hoxe un dos eixes sobre os que xira a institución, hai que engadir que este ano se acadou un logro importante para o seu desenvolvemento coa incorporación dun Centro de Día coa finalidade de que a cotío os rapaces internos convivan e compartan tarefas e actividades cos nenos que posúen un núcleo familiar estable.

Das tarefas diarias do Centro encárgase un equipo de persoal esforzado en lograr que a estancia dos nenos neste sexa o máis agradable posible.

A estructura actual da Cidade, que conta cun Centro de Atención de Día e cinco centros residenciais, é a seguinte:

  • Centro Infantil, que acolle a nenos de 0 a 8 anos
  • Centro Infanto-Xuvenil “Agarimo”, que acolle a nenos de 8 a 14-16 anos
  • Centro Infanto-Xuvenil “Escola-Fogar”, que acolle a nenos de 8 a 14-16 anos
  • Centro “Xuvenil”, que acolle a nenos de 14-16 a 18 anos
  • Centro de “Primeira acollida”
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 25/10/2004 10:18
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/