[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 9 DE FEBREIRO DE 2010 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Medio Natural » Pesca e Cultivos Mariños
Inicio Sección
Servizos
Medio Natural
Pesca e Cultivos Mariños
Subvencións
Convenios
Medio Ambiente
Axudas
Actividades
Agricultura, Gandería e Montes
Agricultura
Convenios
Prestación servizos
Proxectos
Axudas
Gandaría
Sector Forestal
Instalacións deportivas
Agricultura Biolóxica
Instalacións
Finca Areeiro
Laboratorio Mouriscade
Finca Castelo de Soutomaior

Páxina [1] 2 3
MEDIO NATURAL 

Pesca e Cultivos Mariños

Aínda que a pesca non é competencia directa da Deputación, a institución provincial, dada a súa importancia no sector primario pola súa participación no P.I.B. da provincia, leva a cabo un intenso labor para promovela e desenvolvela en colaboración coa Consellería de Pesca e Asuntos Mariños, mediante a realización de convenios para a recuperación de bancos marisqueiros, axuda á flota artesanal de baixura, axudas a confrarías de pescadores en diversas actuacións coma adecuación de locais, dotación de equipos e maquinaria a lonxas e organización de productores. Axuda á vixilancia, dotación de embarcacións, coches de vixilancia e traslados de mercancías. Subvencións para a recuperación de embarcacións e de promocións dos productos procedentes do marisqueo.

As contribucións na formación de alumnos de acuicultura con axudas de bolsas de estudios en empresas nacionais, estranxeiras e mais no Instituto Oceanográfico. No campo da investigación cooperamos con ANFACO desde hai varios anos polo desenvolvemento de varios proxectos e tamén se fan estudios a través de CETMAR.

Entre outras actividades para fomentar o respecto polo mundo mariño,asínanse desde hai anos convenios para que os alumnos dos colexios da provincia vivan a experiencia dunhas xornadas cunha visita o Aquarium e unha viaxe en barco. Desde o noso servizo axudamos a CEMAR á organización mediante estudios e avistamentos mamíferos mariños.

En relación coa pesca continental a preocupación da Deputación para fomentala remóntase ó 27 de xuño de 1908, data en que se estudia a posibilidade de crear unha piscifactoría no río Lérez. En 1962 constitúese a piscifactoría de Carballedo que actualmente traballa na producción de troitas para a repoboación dos ríos da provincia de Pontevedra.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/03/2004 08:42
Copyright © 2002-2010, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/