[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 18 DE AGOSTO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Infraestruturas » Expedientes sancionadores

INFRAESTRUTURAS 

Expedientes sancionadores.
Tramitación expedientes de denuncia

Para controlar o cumprimento da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais (B.O.P. 16 de xaneiro de 1996), a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, ten adscritos ó Servizo de Vías e Obras, persoal que se encarga diariamente da vixilancia de estradas.

0 incumprimento da Normativa de dita Ordenanza, dá lugar a que se tramiten unha media de 180 expedientes sancionadores ó ano.

Ditos expedientes, incoados sempre debido ó incumprimento de algún dos Artigos da Lei 4/1994 de Estradas de Galicia, tramítanse da seguinte forma:

  1. BOLETÍN DE DENUNCIA:
    O vixiante, cando observa unha infracción, cubre un boletín de denuncia cos datos do infractor, o concello, a estrada e o punto quilométrico no que se produce, así como a descrición dos feitos motivo da denuncia. Este boletín é revisado polo enxeñeiro técnico xefe da zona correspondente e posteriormente se lle dá traslado ó enxeñeiro instructor, ó obxecto de reflectir nel, os artigos infrinxidos así como a clasificación da infracción (leve, grave, moi grave, ou cualificación de danos causados).
     
  2. ACTUACIÓNS PREVIAS:
    Unha vez clasificada a infracción, notifícase ó inculpado, concedéndolle un prazo de 10 días naturais para presentar alegacións.
     
  3. ACORDO DE INICIACIÓN E PLIEGO DE CARGOS:
    Transcorrido o prazo de alegacións á notificación, e sempre que o considere o enxeñeiro instructor, iníciase o expediente, designándose para ilo instructor e secretario, e xunto co Prego de Cargos, envíase ó interesado, concedéndolle un prazo de 30 días naturais para presentar alegacións ó mesmo.
     
  4. PROPOSTA DE RESOLUCIÓN:
    Transcorrido o prazo de alegacións ó PREGO DE CARGOS, o Sr. instructor, acorda a Proposta de Resolución en función das alegacións - se as houbera-, do Informe de zona, o da visita xirada ó lugar dos feitos, e, se é o caso, a modificación da clasificación e sanción imposta nun principio, concedéndolle un novo prazo de 15 días naturais para a presentación de alegacións.
     
  5. RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL:
    Transcorrido dito prazo, faise a Resolución Presidencial, na que se comunica ó interesado a sanción, así como o dereito a presentar recurso de reposición no prazo dun mes.
     
  6. RESOLUCIÓN DO RECURSO DE REPOSICIÓN:
    No caso de que se presentara un recurso potestativo de reposición á resolución presidencial, emítese unha nova resolución estimando ou non o mencionado recurso, ofrecendo ó interesado a posibilidade de interpoñer recurso Contencioso - Administrativo ante o Xulgado dos Contencioso Administrativo de Pontevedra, (Art. 46 da Lei 29/98 de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso - Administrativa).

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 09/03/2004 11:59
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/