O ano 2003, declarado “Ano Europeo das Persoas con Discapacidade”, reforzou a necesidade de colaborar en proxectos orientados á plena integración sociolaboral das persoas con discapacidade. Con este fin, a Deputación de Pontevedra concédelles axudas económicas ás asociacións provinciais enmarcadas no ámbito dos servicios sociais especializados para actividades de formación e integración laboral.
Tamén ten unha importante colaboración económica na integración social dos discapacitados e na mellora de recursos dedicados a estes colectivos.
|