[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 3 DE SETEMBRO DE 2010 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Acción Social
Inicio Sección
Servizos
Acción Social
Áreas de traballo
Xuventude, infancia e familia
Muller
Persoas maiores
Servizos Sociais especializados
Impresos
Guía do Servizo de Acción Social
Ligazóns
Teléfonos de contacto

Páxina [1] 2
ACCIÓN SOCIAL 

deputación de Pontevedra

CURSOS XUVENTUDE 2010
ACTÍVATE

Solicitude | Listado participantes | Acordo adhesión
Catálogo cursos | Díptico | Concellos adheridos

IMPRESOS ADHESIÓN CONCELLOS INSCRICIÓN PARTICIPANTESLISTADO FINAL CONCELLOS
PRAZOS 20 DE MAIO 12 DE XULLO 10 DE AGOSTO

1. OBXECTO
A Deputación Provincial de Pontevedra, consciente da necesidade de ofertar programas, recursos e actividades para os mozos e mozas da provincia de Pontevedra, convoca novamente para o ano 2010 un catálogo de cursos formativos co fin de potenciar a súa integración no mundo laboral e asemade acadar un maior enriquecemento cultural e persoal.

2. DESCRICIÓN DO PROGRAMA
O programa consiste en lles ofrecer un catálogo de cursos aos mozos e mozas dos concellos de menos de 50.000 habitantes da nosa provincia, con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos (ambas inclusive), os cales se levaran a cabo durante os meses de setembro, outubro, novembro e decembro. Terán una duración de 30 horas. Os cursos ofertaranse dende esta institución a través dunha empresa especializada na materia e impartiranse nos concellos adheridos, os cales prestarán as súas instalacións e medios materiais que sexan precisos para o adecuado desenvolvemento do curso.

A entrega de diplomas farase exclusivamente nas instalacións da Deputación de Pontevedra o día 17 de decembro de 2010 ás 18.00 horas, nunha xornada técnica complementaria ó curso impartido. Do lugar preciso informarase no momento da confirmación de asistencia, que se fará co monitor que imparte cada un dos cursos.

Segundo o número de habitantes de cada concello establecerase un número de cursos a impartir, que son os seguintes:

CONCELLOS Nº DE CONCELLOS CURSOS TOTAL DE CURSOS
Ata 15.000 habitantes 47 1 47
De menos de 50.000 habitantes 13 2 26
TOTAL 73

No caso de que algún dos concellos non desexe adherirse ó Programa os cursos correspondentes poderán ser reconducidos a outros concellos que si están adheridos*.

A selección dos cursos a impartir en cada concello virá determinado pola demanda das persoas interesadas. Achégase o listado cos cursos, dos que cada participante poderá marcar ata un máximo de dous, de xeito que os máis votados sexan os que se impartan nese concello; independentemente da orde de preferencia farase un baleirado dos cursos escollidos polos interesados/as de modo que os de maior aceptación no seu concello sexan os que se impartan.

*Esta mesma circunstancia daríase no caso de non reunir o número mínimo de participantes en cada curso.

3. ADHESIÓNS DOS CONCELLOS
Todos os concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes que o desexen poderán sumarse mediante adhesión. Achégase o modelo de adhesión.

4. SELECCIÓN DAS SOLICITUDES
O número de participantes en cada un dos cursos virá determinado pola empresa encargada da xestión, organización e formación do alumnado participante. No caso de que a demanda de prazas fora superior á oferta o concello realizará unha selección dándolles prioridade ás persoas que acheguen á solicitude unha fotocopia da tarxeta de estar inscrito como demandante de emprego. En segundo lugar terase en conta o rexistro de entrada das solicitudes presentadas nos concellos e, de ser preciso, despois desta última selección teranse en conta os/as mozos/as de maior idade.

5. PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS DOS BENEFICIARIOS/AS
O prazo de presentación das solicitudes dos mozos e mozas, rematará o 12 de xullo.

A presentación de solicitudes farase nos rexistros dos concellos adheridos, no modelo de inscrición que se inclúe nos dípticos.

6. REQUISITOS DOS/DAS PARTICIPANTES
Poderán participar todos os mozos e mozas de 16 a 35 anos, ambos inclusive, pertencentes a calquera concello de menos de 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra, preferentemente os que se atopan en situación de desemprego.

7. PUBLICIDADE
En todas as medidas de difusión (carteis, dípticos, trípticos, etc.) que se elaboren deberase facer constar a colaboración da Deputación de Pontevedra, Área de Acción Social, segundo establece o art. 31 do RLXS.

8. DOCUMENTACIÓN DOS CONCELLOS
Os concellos adheridos ao Programa deberán remitirlle á Deputación a seguinte documentación:

  • Antes do 20 de maio:
    • Acordo de adhesión ó programa, do que se achega formulario
  • Antes do 10 de agosto:
  • Listado nominal dos mozos/as participantes ordenados segundo os criterios de selección (achégase formulario)
  • Fichas orixinais de inscrición (inclúese modelo) ou, no seu defecto, unha notificación do concello na que se declare posuír a mencionada documentación non sendo preciso enviar as ditas fichas.

9. DOCUMENTACIÓN DOS MOZOS/AS

  • Modelo de impreso debidamente cuberto, coa data de rexistro do seu concello.
  • Fotocopia do DNI
  • Tarxeta de demandante de emprego (no caso de tela).

Pontevedra, 24 de marzo de 2010
A TRABALLADORA SOCIAL
Sandra Vázquez Vázquez

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 12/04/2010 10:31
Copyright © 2002-2010, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/