[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 31 DE XULLO DE 2010 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cultura » Cultura
Inicio Sección
Servizos
Cultura
Subvencións
Plan Cultural
Colaboracións
Premios
Investigación
Valle–Inclán
Otero Pedrayo
Premio entreculturas
Premios provinciais á cultura
Programas educativos-culturais para escolares
Exposicións e certames
Ligazóns

Páxina 1 [2]
CULTURA 

Deputación de Pontevedra

Premios provinciais á cultura 2009

Bases | Acta do xurado | Acto

Acta do xurado dos premios provinciais á cultura-2009 para proposta de concesión dos catro premios

Reunido o Xurado dos “Premios Provinciais á Cultura-2009”, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial o día 4 de novembro de 2009, ás 11:00 h e composto por:

  • Presidente:
    D. José Juan Durán Hermida, vicepresidente e presidente da Comisión Informativa de Cultura,
  • Vogais:
    D. Jesús Mª Fernández Portela, Deputado e presidente da Comisión de Desenvolvemento Industrial, Urbanismo e Vivenda
    D. Carlos García Suárez Otero, en representación da Fundación Laxeiro
    D. Antonio Montero Carro, en representación da Fundación Fernández Florez
    D. Juan Laguarta Badia, Profesor de Música
    D. Rafael Fontoira Suris, Director da Escola de Canteiros
    D. José Enrique Pérez Ardá Criado, Xefe do Servizo de Arquitectura
    Dª Mercedes Costas Fernández, funcionaria, en representación do Servizo de Cultura
  • Secretario:
    D. Antonio Santos Guerra, xefe do Servizo de Cultura.

Ten por obxecto a reunión, emitir o fallo para adxudicar os catro premios por importe de seis mil euros (6.000,00 €) cada un, previsto na base terceira da convocatoria.

Despóis dun detallado estudo e deliberación dos dossiers presentados, o xurado acorda por por unnimidade conceder os seguintes premios:

  1. Proxecto Cultural máis Innovador/Vangardista 6.000,00 €
    Fundación Casa Museo A Solaina de Piloño (Vila de Cruces) Polo proxecto máis innovador levado a cabo polo Museo A Solaina de Piloño no eido da recuperación, investigación e catalogación da cultura popular tradicional.
  2. Traxectoria Cultural 6.000,00 €
    Agrupación de centros deportivos e culturais de Vigo Pola súa labor de difusión das actividades culturais e deportivas no concello de Vigo.
  3. Premio César Dios "Diosiño" 6.000,00 €
    Escola de Danza Perla de Arousa En recoñecemento a súa labor, dende o ano 1988, de integración, difusión e desenvolvemento do folklore galego.
  4. Á Protección ou Recuperación do Patrimonio Público 6.000,00 €
    Concello de Campo Lameiro Pola labor levada a cabo polo Centro de Interpretación de Arte Rupestre da recuperación paisajística asi como garantizar a súa conservación e protección.

E non habendo mais asuntos que tratar e sendo as 13,00 horas do indicado día, dáse por concluída a reunión, do que eu, Secretario, dou fe.



Páxina 1 [2]

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 20/11/2009 10:40
Copyright © 2002-2010, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/