[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 31 DE XULLO DE 2010 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Acción Social
Inicio Sección
Servizos
Acción Social
Áreas de traballo
Xuventude, infancia e familia
Muller
Persoas maiores
Servizos Sociais especializados
Impresos
Guía do Servizo de Acción Social
Ligazóns
Teléfonos de contacto

Páxina [1] 2
ACCIÓN SOCIAL 



NOTA IMPORTANTE: CLAUSURA DO PROGRAMA “ACTIVATE”

Fecha: 16 de decembro
Hora: 18:00 h
Lugar: Salón Plenos da Deputación Pontevedra
Rogamos confirmen asistencia, chamando ó 986 804 100 / Extensión: 40122

ACTÍVATE.- CURSOS XUVENTUDE 2009

1. DESCRIPCIÓN DO PROGRAMA

O programa consiste en ofrecerlles unha selección de cursos ós mozos e mozas da nosa provincia cullos concellos, de menos de 50.000 habitantes, se adhiran ó programa, con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos (ambas incluídas).

Os cursos levaranse a cabo durante os meses de setembro, outubro e novembro deste ano. Ofertaranse dende esta institución a través dunha empresa especializada na materia e impartiranse nos concellos adheridos, os cales prestarán as súas instalacións e os medios materiais que fosen precisos para o adecuado desenvolvemento do curso.

2. SELECCIÓN DAS SOLICITUDES

O número de participantes en cada un dos cursos virá determinado pola empresa encargada da xestión, orgnización e formación do alumnado. No caso de que a demanda de prazas fose superior á oferta o Concello seleccionará en primeiro lugar as persoas que acheguen á solicitude unha fotocopia da tarxeta de estar inscrito como demandante de emprego.

En segundo terase en conta o rexistro de entrada as solicitudes presentada nos concellos. Se fose preciso despois desta última selección teranse en conta os/as mozos/as de maior idade.

3. PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS DOS INTERESADOS/AS

O prazo de presentación das solicitudes rematará o 20 de xullo. As solicitudes presentaranse nos respecticvos rexistros dos concellos adheridos cuberto os datos no modelo de inscrición que se facilita.

4. DOCUMENTACIÓN DOS MOZOS/AS

a. Modelo de impreso debidamente cuberto.
b. Fotocopia do DNI ou pasaporte en vigor.
c. Certificado de empadroamento.
d. Tarxeta de demandante de emprego (en caso de tela).

O curso que se impartirá será o que obtivera a maior demanda en cada un dos concellos adheridos.
Cada curso terá unha duración de 30 horas.


Temporalización Cursos Programa Actívate

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 17/11/2009 13:09
Copyright © 2002-2010, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/