[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 28 DE ABRIL DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cultura » Cultura

Páxina [1] 2
CULTURA 

DIPUTACIÓN PROVINCIAL

PREMIO VALLE-INCLÁN 2009

bases | acta

BASES

A Deputación de Pontevedra, en colaboración co Concello de Vilanova de Arousa, convoca a sexta edición do premio VALLE-INCLÁN 2009.

A Deputación de Pontevedra, en colaboración co Concello de Vilanova de Arousa, dentro da súa actividade de promoción cultural e para lle render unha homenaxe permanente á vida e obra de D.Ramón María del Valle-Inclán, ilustre fillo da provincia de Pontevedra, convoca a sexta edición do premio que leva o seu nome, que, atendendo ás disposicións do regulamento correspondente, se rexerá polas seguintes bases:

PRIMEIRA
A convocatoria é para estudos que versen e profunden en calquera aspecto da vida ou da obra de Valle-Inclán dende un punto de vista cientifico.

SEGUNDA
O premio estará dotado coa cantidade de vinte e catro mil (24.000,00) euros, que se achegará con cargo á partida 09/451.451.481.01 do orzamento provincial. O xurado poderá decidir deixalo deserto ou ben conceder cantos accésits considere con esta contía global.

TERCEIRA
Os traballos deberán ter as seguintes características:

  • Ser orixinais e inéditos.
  • Deberán estar redactados en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Presentaranse cinco exemplares mecanografados a dobre espazo.

A presentación poderá facerse baixo lema ou pseudónimo, caso no que se achegará a correspondente identificación do autor nun sobre aparte.

CUARTA
A presentación das solicitudes por parte dos candidatos farase no rexistro xeral desta Deputación a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) ata o día 20 de agosto de 2009, aceptando os interesados as condicións establecidas nela.

Rematado este prazo a Secretaría Xeral da Deputación expedirá unha certificación dos traballos presentados que se lle entregará ó xurado xunto coa documentación correspondente.

A cada traballo presentado xuntaránselle cantos documentos se consideren de interese para un mellor coñecemento de cada un dos candidatos.

QUINTA
Para adxudicar o premio ó que se refire esta convocatoria constituirase un xurado integrado polos seguintes membros:

  • Presidente:
    • Presidente da Deputación ou deputado en quen delegue.
  • Vogais:
    • Alcalde-presidente do Concello de Vilanova de Arousa.
    • Presidente da Comisión de Cultura da Deputación.
    • Un representante de cada un dos seguintes organismos:
      • Consellería de Cultura e Deporte.
      • Consello da Cultura Galega.
      • Fundación Valle-Inclán.
    • Tres persoas nomeadas pola Presidencia de recoñecido prestixio intelectual e académico
    • Un representante do Servizo de Cultura Secretario:
    • O titular da Corporación ou funcionario en quen delegue. Este xurado non poderá constituírse nin actuar sen contar coa asistencia de máis da metade dos seus membros e resolverá todas as incidencias que se presenten, as súas decisións serán inapelables e poderá, así mesmo, solicitar a axuda de asesores especialistas na materia.

SEXTA
O xurado analizará os traballos presentados con liberdade de criterios, valorando, especialmente, aqueles aspectos que supoñan unha contribución ó estudo da vida e a obra de Valle-Inclán ou a súa relación con Galicia.

Da decisión do xurado e da adxudicación do premio redactarase unha acta detallada que, asinada por todos os membros do devandito xurado, da que se dará conta ó órgano competente para prestarlle a súa conformidade.

SÉTIMA
A entrega do premio realizarase en Vilanova de Arousa e na data que determine o presidente da Deputación, nun acto solemne e coa asistencia dos membros do xurado, así como de personalidades das artes e as letras.

Xunto co premio, o/a galardoado/a recibirá un diploma e unha copia da acta da reunión do xurado.

OITAVA
Durante o prazo dun ano, a partir da emisión do fallo do xurado, a Deputación promoverá a publicación do traballo premiado.

Os traballos que non resulten galardoados poderán retirarse no Servizo de Cultura desta Deputación, no prazo de tres meses, contados desde a data da resolución do concurso, pasados os cales quedará exenta a responsabilidade das devolucións non solicitadas.



Boletín Oficial da Provincia, data 04-02-2009, número 23, páxina 37, anuncio 2009000859.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 03/11/2009 14:03
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/