Esta publicación proxecta a mostra “Os gozos e as sombras, 10+10”, onde vinte artistas homenaxean ó escritor Torrente Ballester, un dos grandes da literatura española do século XX. Son 10 visións da sombra achegadas por 10 artistas plásticos do noso país (María Álvarez, Jorge Cabezas, Rosario Carballo, Xaquín Chaves, Alfonso Costa, Carmen Hermo, Miguel Pereira, Avelino Saavedra, Antón Sobral e Enrique Velasco) e 10 visións do gozo interpretado polas plumas de 10 poetas galegos (Lucía Aldao, Yolanda Castaño, María do Cebreiro, Xabier Cordal, Enma Couceiro, Estevo Creus, Estíbaliz Espinosa, María Lado, Elvira Riveiro e Xohana Torres).
A Fundación Gonzalo Torrente Ballester acolle e presenta estas creacións co obxectivo de dar a coñecer unha das obras do seu fundador, Los gozos y las sombras, obra culminante da novelística española da posguerra.
|