DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Conta con Elas

  • Denominación iniciativa comunitaria: Conta con elas. Eixe 4: igualdade de oportunidadesárea temática: redución dos desequilibrios
  • Duración do proxecto: Ata decembro de 2007
  • Custo total: 3.617.999,78 €
  • Participación europea (fondos): 2.713.449,84 €
  • Partenariado do proxecto:
  • Organismo público responsable: Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
  • Órgano de dirección e control: Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
  • Órgano xestor: Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
  • Persoa de contacto na Deputación de Pontevedra: Carmen López
  • Ámbito xeográfico:
  • Descrición do proxecto:

    O principal obxectivo do proxecto é diminuír a segregación laboral, horizontal e vertical no emprego mediante unha intensa tarefa de sensibilización desenvolta nos niveis: socioeducativo, institucional e empresarial-laboral co fin de facilitar a inserción laboral e a promoción profesional das mulleres nos sectores de actividade e ocupacións masculinizadas na Mancomunidade de Vigo.

    As accións distribúense dentro das liñas nacional e transnacional e as accións que lle corresponde desenvolver á Deputación de Pontevedra enmárcanse dentro da liña 1 de sensibilización social e educativa, dentro das que levará a cabo o Bus pola Igualdade e a edición e deseño dos materiais para a Mesa da Igualdade.


Copyright © 2002-2014, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/