DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA |
http://www.depontevedra.es/ |
|
A Deputación alcanza un acordo coa Asociación de Gaiteiros Galegos para poñer en marcha unha escola de música tradicional fusionada co proxecto existente na actualidade José Juan Durán afirmou que o organismo provincial sempre defendeu “a conservación, a posta en valor a protección e o respecto do patrimonio cultural galego” DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Gabinete de Comunicación 06 XUÑO 2005 A Deputación de Pontevedra alcanzou un acordo coa Asociación de Gaiteiros Galegos para poñer en marcha unha escola de música tradicional na que estarán fusionados o proxecto presentado por este colectivo e o que actualmente se está a desenvolver en diferentes puntos da provincia en colaboración coa Asociación Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra. Esta medida foi consensuada esta tarde nunha reunión que mantivo o deputado delegado de Cultura, José Juan Duran, con Santiago Caneiro, presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos e outros representantes desta entidade.
José Juan Durán expresou a súa satisfacción por ter acadado este acordo e recordou que dende o primeiro momento a Deputación sempre defendeu “a conservación a posta en valor a protección e o respecto do patrimonio cultural galego”, tal e como ven recollido no convenio asinado o pasado día 6 de abril coa Asociación Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra. Do mesmo xeito, Durán agradeceu o diálogo e a boa dispoñibilidade da Asociación de Gaiteiros Galegos, así coma seu interese por preservar a música galega tradicional, “propósito que compartimos dende a Deputación de Pontevedra”, finalizou.
O novo proxecto fusionado contará cunha subvención de 100.000 euros que aportará a Deputación e comezará a funcionar entre os meses de setembro e outubro. Unha vez adoptado este acordo simplemente quedarán por resolver os detalles formais necesarios para poñelo en marcha. |
|
| Copyright © 2002-2012, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124 http://www.depontevedra.es/ |