DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA |
http://www.depontevedra.es/ |
Directrices do programa educativo cultural Coñece o Museo de Pontevedra 1.- O programa “Coñece o Museo de Pontevedra” levarase a cabo ó longo do ano 2010 coa finalidade de achegar ós/ás escolares da provincia de Pontevedra a un centro vivo de cultura, non só polos fondos e obxectos de arte que posúe, senón tamén polo intenso labor que no campo da cultura desenvolve. 2.- As solicitudes faranse por escrito á Deputación de Pontevedra, en modelo oficial, unha vez concertada a data da visita co Gabinete Didáctico do Museo Provincial de Pontevedra, cunha antelación de 30 días á súa realización, xunto co orzamento detallado da empresa de transportes e presentaranse no rexistro xeral deste organismo:
3.- As visitas realizaranse, como é costume no Museo, entre as 10:00 h e as 14:00 h e das 16:00 h ás 19:00 h, escollendo o Centro entre as seguintes ofertas educativas:
O tempo das visitas oscilará entre 90 e 120 minutos e poden ampliar a información referente a cada unha delas no enderezo electrónico: www.museo.depontevedra.es 4.- O grupo visitante irá acompañado por docentes do Gabinete Didáctico do Museo, que serán as persoas encargadas de dirixir as visitas. Faráselles entrega tanto ó alumnado coma ó profesorado de material de apoio relacionado coa visita. 5.- A Deputación de Pontevedra subvencionará unha visita a cada centro escolar, ata esgotar a dotación orzamentaria, non superando nelas o número máximo de 50 escolares. Unha vez adxudicada e realizada a visita, a empresa de transportes presentará a factura correspondente de acordo coa cantidade indicada na resolución de concesión. Quedarán excluídos da subvención os centros escolares do casco urbano da cidade de Pontevedra. 6.- O número de alumnos/as máximo sinalado en cada visita non poderá superarse en ningún caso, nin se poderá variar persoalmente o nivel educativo para o que se lle outorgou a visita. O criterio e responsabilidade do cumprimento deste apartado será cometido exclusivo do Gabinete Didáctico do Museo Provincial de Pontevedra, que poderá, no seu caso (seguindo criterios educativos e de seguridade) suspender a visita. 7.- Os/as mestres e o Centro comprometeranse a cubrir unha serie de enquisas (no caso de serlle entregadas no programa) valorando e suxerindo novas propostas para a súa mellora, debendo remitilas ó enderezo abaixo indicado. 8.- Solicitadas as visitas polos centros, estas adxudicaranse atendendo a criterios orzamentarios e de funcionalidade e operatividade, aboando a Deputación o prezo da viaxe, en consideración ó prezo medio do mercado. 9.- Todos os centros aceptan as presentes condicións para participar no programa. PROGRAMA EDUCATIVO CULTURAL
|
|
| Copyright © 2002-2010, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124 http://www.depontevedra.es/ |