DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

Venres, 25 de maio de 2012

 09:30  Pazo provincial
Axenda do vicepresidente José Manuel Figueroa
O vicepresidente, José Manuel Figueroa, recibe a unha delegación de 72 estudantes e profesores da primeira promoción da Basque Culinary Center, o Grao Universitario en Gastronomía e Artes Culinarias adscrito á Mondragon Unibertsitatea.

24/05/2012 21:59:49

 10:00  Sala de Xuntas. Pazo provincial
Xunta de Goberno

ORDE DO DÍA
  1. Aprobación do borrador da acta da sesión ordinaria do día 18 de maio do ano 2012.
  2. Solicitude de prórroga na execución da obra “Ensanche e afirmado da E.P.2401 Porriño-Mosende (Porriño)”, incluída no Plan Provincial de Cooperación, para o ano 2011.
  3. Solicitude de prórroga na execución da obra “Renovación rodadura e sinalización na E.P.8001 Caldas-Carracedo-Catoira”.
  4. Ampliación do prazo de execución das obras do Museo Provincial.
  5. Dar conta do proxecto de mellora da seguridade vial consistente na construción de redutores de velocidade en estradas provinciais.
  6. Comunicacións.
  7. Rogos e preguntas.

23/05/2012 13:00:33

 11:00  Sala de prensa. Pazo provincial
Rolda de prensa para dar conta dos acordos adoptados na Xunta de Goberno

24/05/2012 22:05:22

 12:00  Concello de Cambados
Axenda da deputada Begoña Estévez
A deputada, Begoña Estévez, asina un convenio de colaboración co Club Xuventude Baloncesto de Cambados, con motivo da Fase de ascenso.

24/05/2012 22:00:37

 13:00  Begano. Vigo
Axenda da deputada Marta Iglesias
A deputada, Marta Iglesias, asiste á presentación do 48 Rally Rías Baixas Vodafone Concello de Vigo.

24/05/2012 22:01:30

 18:00  Colexio Carmelitas. Vigo
Axenda da deputada Marta Iglesias
A deputada, Marta Iglesias, asiste á entrega de medallas na que participa o ex xogador de baloncesto Fernando Romay das competicións deportivas das Festas Vedruna do Colexio Carmelitas.

24/05/2012 22:02:15

 19:00  Concello de Vilanova de Arousa
Axenda da deputada Ana Isabel Vázquez
A deputada, Ana Isabel Vázquez, asiste ós actos de celebración do X Aniversario da Casa Museo Valle-Inclán.

24/05/2012 22:03:05

 20:30  Centro Novacaixagalicia. Vigo
Axenda da deputada Marta Iglesias
A deputada, Marta Iglesias, asiste ó estreo da longametraxe documental A Paixón de María Soliña.

24/05/2012 22:04:27

 21:00  Restaurante Los Abetos. Nigrán
Axenda do deputado Jesús Vázquez Almuiña
O deputado Jesús Vázquez Almuiña asiste á cea de presentación do Clube Ciclista Rías Baixas.

24/05/2012 22:07:15

    Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra
Exposición Motos históricas. Cen anos sobre rodas

Do 26 de abril o 15 de xullo
Horario:
  • De martes a venres: de 17:00 h a 21:00 h
  • Sábados: de 11:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 21:00 h
  • Domingos: de 11:00 h a 14:00 h
  • Luns: pechado
Máis información

13/04/2012 10:25:00


Copyright © 2002-2014, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/