DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
http://www.depontevedra.es/

DIPUTACIÓN PROVINCIAL

PREMIO VALLE-INCLÁN 2009

bases | acta

ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DO PREMIO VALLE INCLÁN 2009

Na Sala de Xuntas desta Deputación de Pontevedra, sendo as 11,00 horas do 28 de outubro de 2009, reúnese o xurado cualificador do Premio Valle Inclán 2009, presidido por: José Juan Durán Hermida, vicepresidente e presidente da Comisión de Cultura e os vogais: Víctor Fernández Freixanes, representante do Consello da Cultura Galega; José Antonio Ponte Far, representante da Fundación Valle-Inclán; Alfonso Zulueta De Haz, vicepresidente da Fundación Penzol; Francisco López Rodríguez, representante da Consellería de Cultura e Turismo; Xosé Carlos Valle Pérez, director do Museo de Pontevedra; Benito Leiro Conde, periodista; Mercedes Costas Fernández, representante do Servizo de Cultura; actuando como secretario Antonio Santos Guerra, xefe do Servizo de Cultura e Deportes desta Deputación. Tendo por obxecto a reunión do Xurado resolver o Premio Valle-Inclán 2009 tras unha exhaustiva análise do contido dos traballos presentados, a deliberación e o informe dos mesmos por parte dos membros do Xurado, acordouse por maioría, tal como establece a base segunda da convocatoria, conceder o Premio Valle-Inclán 2009, ex aequo, cunha dotación de 10.000,00 €, a cada un dos traballos seguintes:

  • Ramón del Valle-Inclán: Luces de Bohemia, una revolución dramática con una carta autógrafa inédita de C. Rivas Cherif, presentado por Jean Marie Lavaud.
  • Josefina Blanco y Ramón del Valle-Inclán: Pedestal de los sueños, presentado por Antonio Deaño Gamallo y Jesús Rubio Jiménez.

Así mesmo e dado que o xurado apreciou aspectos e ideas innovadoras, orixinais e novidosas no trato da temática, acordou por unanimidade conceder un accésit por importe de 4.000,00 € ó traballo titulado “Valle-Inclán, Catedrático de Estética (1916-1919)” presentado por Jesús Mª Monge López.

Por último e atendendo ó establecido na base oitava, o xurado considera do máximo interese a publicación e divulgación dos traballos premiados.

E, non habendo máis asuntos, dáse por rematada a reunión, sendo as 13,00 horas do mencionado día, do que eu, como secretario, dou fe.

Pontevedra, 3 de Noviembre de 2009



Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/