Este traballo forma parte da colección Helenes, unha serie que engrosa unha parte importante do Catálogo de publicacións e que agrupa todos aqueles estudos referidos á capital pontevedresa. Nesta ocasión, con este libro a Deputación de Pontevedra quere contribuír á conmemoración dos xa 150 anos de vida do Liceo Casino, a institución cívica máis antiga de Pontevedra.
A través da súa lectura poderemos recordar fitos históricos destacados coma a entrega da medalla de ouro á S.A.R o príncipe de Asturias ou á Escola Naval Militar, ademais doutros grandes acontecementos sociais que tiveron lugar nos salóns da Sociedade. Lembraremos, así mesmo, episodios negros na súa historia, como foi a perda da propiedade do teatro ou o incendio de 1980, que destruíu o edificio social e toda a súa documentación.
|