[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 23 DE XUÑO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Acción Social

ACCIÓN SOCIAL 

Teleasistencia

DEFINICIÓN DO SERVIZO
A Teleasistencia Domiciliaria é un servizo que, a través da liña telefónica e cun equipamento informático específico situado nun centro de atención e no domicilio dos/das usuarios/as, permite ás persoas maiores e/ou persoas enfermas ou discapacitadas, ó pulsa-lo botón dun dispositivo (medallón ou pulseira), que levan constantemente sen molestias, entrar en contacto verbal “mans libres” cos operadores/as do centro de atención e profesionais capacitados para darlle resposta adecuada á crise presentada, ben por se mesmos ou mobilizando outros recursos humanos ou materiais, propios da persoa usuaria ou existentes na comunidade. Dito servizo está a disposición dos usuarios as 24 horas do día, durante os 365 días do ano.
 

ELEMENTOS DOS QUE CONSTA

  1. Unidade domiciliaria do usuario, que funciona a través da liña telefónica, composta por unha unidade de alarma portátil (pulseira) e unha terminal telefónica que envía a alarma ó Centro de Atención. A unidade portátil, que a persoa leva sempre posta, pode ser accionada por esta cando o necesita.
  2. Centro de Atención, no que se recollen as chamadas ou alarmas que efectúan os usuarios, dispoñendo dunha completa información sobre a persoa solicitante para ofrecerlle, inmediatamente o auxilio que precise: médico, traslado ó hospital, atención de familiares, etc...

DESTINATARIOS
O Servizo de Teleasistencia, que ten como obxectivo logra-la permanencia de persoas vulnerables no seu medio habitual de vida, diríxese ós seguintes destinatarios:

  • Persoas que viven soas: con máis de 65 anos ou que padecen unha enfermidade ou minusvalía que lles impida desenvolverse na casa con autonomía.
  • Persoas que conviven con outra e unha das dúas ten máis de 65 anos e/ou padece unha enfermidade ou minusvalía que lle limita a súa autonomía persoal e doméstica.
  • Calquera persoa en situación de risco (enfermos, anciáns ou discapacitados) que vivan soas ou permanezan nesta circunstancia a maior parte do día.

REQUISITOS DOS USUARIOS

  • Residir no término municipal dun concello adherido ó Programa.
  • Dispor de liña telefónica no domicilio ou estar en condición de dispor dela previamente á instalación do equipo de telealarma, xa que sen ela, este non podería funcionar.
  • Estar capacitado para o manexo do aparato.
  • Efectua-la solicitude correspondente, en impreso normalizado, acompañada da documentación requirida, a través dos Servizos Sociais de Atención Primaria do seu Municipio.
  • Non superar o límite de ingresos económicos establecidos no baremo provincial

Ademais, o usuario, unha vez instalada a telealarma deberá:

  • Facilita-la labor dos técnicos dos servizos sociais e da empresa, no desenvolvemento das súas intencións profesionais.
  • Comunica-los cambios de situación persoal e/ou familiar, que poden afectar á concesión, modificación, suspensión ou baixa do servicio.
  • Satisfacer, no seu caso, a cota de participación no custo dos servizos, que poida corresponderlle, segundo as ordenanzas municipais que lle fosen de aplicación.

Como contraprestación, o usuario será atendido con eficacia, respectando os seus dereitos individuais, podendo recibi-la información que precise do programa, e presentar, no caso de conflicto derivado da prestación do Servizo, as reclamacións oportunas.

Todas as solicitudes deberán de ser presentadas no departamento de Servizos Sociais do concello de residencia.

PREZO DO SERVIZO

O custe mensual do servizo de Teleasistencia Domiciliaria é de 4,45 euros, dos que a Deputación de Pontevedra aporta o 50%.


INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 04/05/2007 13:45
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/