[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 20 DE XULLO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Acción Social

ACCIÓN SOCIAL 

Introducción

O Servizo de Acción Social da Deputación Provincial de Pontevedra ten o seu inicio en 1972, dentro do labor do Fogar Provincial.

En 1982, cando aparecen os Servizos Sociais Municipais de Atención Primaria, afianzados posteriormente pola Lei 4/93 de 14 de abril de Servizos Sociais, o Servizo de Acción Social da Deputación comeza a responsabilizarse das demandas que presentan os concellos da Provincia, tanto o nivel dos Servizos Sociais de Atención Primaria, como de Atención Especializada, especialmente daqueles de menos de 20.000 habitantes.

Na actualidade o orzamento co que traballan os Servizo de Acción Social é un dos máis elevados desta Institución, debido ao volume de programas, axudas, convenios, recursos e actividades que atendemos, dando unha cobertura a máis de 40.000 usuarios e usuarias da nosa Provincia, centrando o noso labor nos colectivos de maior risco e con maior problemática social; deste xeito o Servizo de Acción Social está formado por 4 Áreas de traballo fundamentais: Área da Familia, Infancia e Xuventude, Área da Muller, Área do Maior e Área de Servizos Sociais Especializados, dentro da que se encadran diferentes colectivos con problemáticas definidas e específicas tales como: discapacidades, alcoholismo, drogodependencias, delincuencia, minorías étnicas, etc.

Cada unha das Áreas está formada por un equipo dunha Traballadora Social e un Administrativo, baixo a supervisión da Xefa do Servizo e da Deputada Provincial de Benestar Social e Muller.

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 05/11/2008 10:25
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/