[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 15 DE DECEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Acción Social

Páxina [1] 2
ACCIÓN SOCIAL 

Deputación de Pontevedra

Bases axudas servizos sociais especializados
Ano 2008

Bases | Formularios

Anuncio

Bases de subvencións para asociacións ou fundacións, con oficina aberta na provincia de Pontevedra, sen fins de lucro, que representen a colectivos que estean incluídos no ámbito dos servicios sociais especializados (lei 4/1993 de 14 de abril), excepto ós de mulleres e maiores por contar con axudas específicas a través da Deputación. Ano 2008.

A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, consciente das dificultades de numerosos colectivos para insertarse social e/ou laboralmente, convoca subvencións destinadas á realización de accións desenvoltas por Asociacións ou Fundacións (con oficina aberta na Provincia de Pontevedra) sen fins de lucro, que representen a colectivos que estean incluídos no ámbito dos Servizos Sociais Especializados (Lei 4/1993 de 14 de abril), ou que súas accións vaian encamiñadas ós citados colectivos e así o recollan os seus estatutos.

As actividades a subvencionar estarán orientadas basicamente: 1. Á formación dos colectivos afectados con vistas a súa integración social e/ ou laboral, e 2. Á formación de cuidadores para la atención de persoas dependentes co fin de acadar un dobre obxectivo: que as persoas afectadas poidan ser atendidas cada vez cunha maior profesionalidade e que as propias Asociacións de afectados poidan dispor dunha bolsa de traballo para a atención de persoas dependentes.

C L Á U S U L A S

1.— ACTIVIDADES A SUBVENCIONAR
Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes soamente poderán ser financiadas aquelas actuacións que se desenvolvan no ano 2008 promovidas por Asociacións ou Fundacións sen fins de lucro que representen a colectivos incluídos no ámbito dos Servizos Sociais Especializados, ou sen representalos que vaian dirixidas a ditos colectivos e os seus Estatutos así o recollan. As actividades obxecto de subvención desenvolveranse en función dos seguintes apartados:

  1. Formación para a integración laboral de alumnos orientada ós colectivos incluídos no ámbito de actuación dos servizos sociais especializados sobre todo à daqueles que presentan unha maior vulnerabilidade.

    Todas as accións: talleres, cursos ou actividades, irán orientadas á integración laboral do alumnado. Segundo se recolle no “ANEXO 3”, primaránse aquelas accións que inclúan no programa módulos de prácticas en empresas, conten en éstas con acompañamento técnico e/ou firmen compromiso de contratación de alumnos por un período mínimo de seis meses.

    Tamén se apoiará a posta en marcha de fórmulas de emprego, como as cooperativas... e o autoemprego.

  2. Formación para a integración socio-familiar. O mesmo que no apartado anterior as accións irán dirixidas ós colectivos incluídos no ámbito dos Servicios Sociais. Especializados, a través de accións, cursos ou actividades de carácter socioeducativo e formativo que teñan como obxectivo acadar unha participación social que lles proporcione ou facilite unha maior autonomía e en consecuencia unha mellor calidade de vida tanto aos afectados como as súas familias
  3. Familia, coidadores e outros axentes sociais. Neste apartado inclúense por unha banda, os cursos formativos orientados á integración laboral de familiares, coidadores ou outros profesionais e por outra, as actividades de información-formación e de apoio dirixidas ós mesmos colectivos, cursos ou actividades nos que se fomente o aprendizaxe de habilidades sociais, coidados, características da problemática específica ós que van dirixidos etc., buscando un triple obxectivo:
    1. cubrir as necesidades dos colectivos mais vulnerables,
    2. dotar á figura do coidador da formación necesaria para o coidado óptimo do afectado mellorando deste xeito a calidade de vida de ambos e
    3. desenvolver unha bolsa de traballo de profesionais cualificados naquelas asociacións onde se organicen os cursos ou actividades.
  4. Prevención, sensibilización e divulgación. Dirixida a tódolos ámbitos de actuación, axentes provedores de recursos (profesionais), poboación en xeral, colectivos afectados, familiares etc.

    As accións correspondentes ó apartado 4.1 versarán sobre temas específicos da asociación e estarán orientadas ós propios afectados ou interesados, excluiéndose as celebracións de menos de catro horas, as actividades lúdicas, comidas, excursións etc., e todas aquelas que traten temas eminentemente sanitarios.

NOTAS A TER EN CONTA:

  • Considéranse cursos aquelas actividades formativas dirixidas a un grupo estable de persoas, como norma xeral non superior a 15, que realizarán as horas que a Asociación fai constar no proxecto do curso que presenta.
  • No caso de elixir un curso formativo como actividade a desenvolver, éste irá dirixido a un só grupo de alumnos.
  • Só se subvencionarán cursos a partir de 80 horas
  • Na realización de cursos ou actividades non se verá incrementada a subvención a partir de 300 horas.
  • O Profesorado que imparta os cursos ou as actividades, deberá poseer unha formación específica e facela constar no proxecto.

Federacións ou Confederacións de Asociacións. Os proxectos irán dirixidos a alumnos de diferentes asociacións ou federacións que integren as Federacións ou Confederacións solicitantes de subvencións e as actividades estarán referidas á formación dos alumnos con vistas á súa integración laboral, formación que deberá complementarse con prácticas laborais en empresas. No caso de que o proxecto presente un apartado de “búsqueda de emprego” éste non poderá superar, en número de horas, o 10% do cómputo xeral do proxecto.

Os proxectos de integración laboral, a través de itinerarios personais, deberán acreditar que os alumnos ós que vai dirixido forman ou formaron parte dun proxecto previo formativo que posibilita a súa integración laboral.

Neste apartado tamén poderán ser subvencionados Congresos nas condicións especificadas no “ANEXO 3”, Baremo 4.

Non serán obxecto de subvención:

  • As peticións dirixidas ó pago dos locais e gastos de mantemento destes cando sexan a sede habitual da Asociación.
  • As actividades socioeducativas, informativas ou formativas que forman parte da actividade xeral da Asociación ó longo do ano.
  • As actividades dirixidas á Persoas Maiores o Mulleres por contar con axudas específicas a través da Deputación.

2.— FINANCIAMENTO
A contía consignada para este fin na Partida 08/313.313.480.02 do Orzamento ordinario da Deputación Provincial ascende a 300.000 €, contía que representa o máximo de obrigas que se poden adquirir con cargo a esta convocatoria de axudas, mentres non se amplíe o crédito da partida.

No caso de que unha vez valoradas as solicitudes o importe das subvencións supere o orzamento destinado ás mesmas, darase prioridade a aquelas que, reunindo tódolos requisitos, se atopen incluídas no apartado 1 da cláusula primeira. En caso de igualdade, terase en conta a data e o número do Rexistro de entrada da Deputación.

3.— REQUISITOS

  1. Non estar incursas en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
  2. As Asociacións desenvolverán a súa actividade, ou polo menos a maior parte dela na Provincia de Pontevedra e deberán estar inscritas como tales na Xunta.
  3. Cada Asociación só poderá presentar un proxecto que ha de conter cada un dos apartados que se sinalan no “ANEXO 2”. No caso de que presente varios, a Deputación optará polo máis viable segundo as bases da convocatoria.
  4. No caso das Federacións ou Confederacións de asociacións axustaranse ó referido ás mesmas na Cláusula 1ª.
  5. En tódala publicidade que as Asociacións fagan sobre a actividade subvencionada, terase que facer consta-la colaboración da Deputación, Área de Acción Social.

4.— CONCESIÓNS

  1. Non terán dereito a recibir unha subvención aquelas asociacións que no momento da concesión das axudas do 2008 non tiveran xustificada ou rexeitada por escrito a actividade subvencionada pola Deputación en anos anteriores.
  2. A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva, correspondéndolle a instrucción ó Servizo de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno, previo dictamen da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller.
  3. O prazo máximo para a resolución do procedemento será de seis meses dende a publicación da convocatoria, esgotando a resolución que se dicte na vía administrativa. Transcorrido o mesmo prazo sen que se comunique a concesión da subvención, entenderase ésta desestimada por silencio administrativo, tal como se recolle no punto 5 do artigo 25 da LXS

5.— DOCUMENTACIÓN
As solicitudes, no modelo oficial adxunto “ANEXO 1”, presentaranse no Rexistro da Deputación Provincial, ou nos rexistros e lugares ós que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/92, de 26 de Novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, debidamente cumprimentadas e acompañadas dos seguintes documentos:

  1. Proxecto da actividade con obxectivos claros e concretos, debidamente asinado e selado, no que consten os epígrafes do “ANEXO 2” especificando presuposto detallado da actividade.
  2. Fotocopia compulsada do DNI do representante legal da Asociación, así como a acreditación do seu cargo a través dunha certificación do/a secretario/a da entidade.
  3. CIF compulsado da entidade.
  4. Declaración, en “ANEXO 4”, do/a presidente/a da Asociación no que constan:
    • A relación de Axudas solicitadas pola Asociación e/ou xa concedidas para a mesma finalidade.
    • Que nin a citada Asociación nin o declarante atópanse incursos en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
    • Que autoriza á Deputación para obter as certificacións de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas coa Tesorería X. da Seguridade Social e coa Facenda do Estado.
    • Autorización do/a presidente/a da Asociación á Deputación para obter documento da Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Centros, dependente da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar da Xunta, conforme está rexistrada na mesma “ANEXO 6”
  5. As Asociacións que soliciten axudas para por en marcha algunha fórmula de emprego deberán presentar memoria explicativa da viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto empresarial.

De non presentarse a documentación solicitada, as deficiencias poderán ser subsanadas segundo o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de Procedemento Administrativo, modificada pola Lei 4/1999, de 6 de xaneiro concedéndose, a tenor do indicado precepto legal, un prazo de 10 días para que se repare a falta ou acompañe os documentos preceptivos con indicación de que si así non o fixera, entenderase que rexeita á petición.

NOTA: Sempre que se produzan cambios na xunta directiva ou na dirección da Asociación haberá que comunicalos ós Servizos Sociais da Deputación.

6.— PRAZOS DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días naturais a partires do día seguinte ó da publicación das Bases no BOP.

7.— CONTÍA
Sempre que haxa solicitudes que reúnan os requisitos esixidos na presente convocatoria, concederanse axudas ata que se esgote o orzamento seguindo os criterios expostos no ANEXO 3, tendo en conta que as contías máximas a subvencionar serán as seguintes:

  1. Para proxectos formativos dirixidos á integración laboral do alumnado: 5.920,00 €. Para a posta en marcha de algunha fórmula de emprego: ata un máximo, que estará en función do proxecto, de 7.200 euros. Esta axuda terá como fin a adquisición de material específico non inventariable para o desenvolvemento práctico da actividade empresarial, a formación que posibilite a autoxestión da fórmula ou os gastos de persoal.
  2. Para proxectos de formación para integración socio-familiar do alumnado: 3.625,00 €
  3. Proxectos formativos de familiares, coidadores e outros axentes sociais:
    • Para cursos formativos dirixidos á inserción laboral: 5.920,00 €
    • Para actividades de información-formación, apoio etc.: 1.762,50 €
  4. Para actividades de Prevención: 2.200 €

En ningún caso a contía de axudas recibidas por tódolos conceptos poderá superalo custo total da actividade.

8.— XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO
As Asociacións ás que se lles conceda unha subvención quedan obrigadas a xustifica-la actividade de acordo co establecido no Artigo 30 da Lei 38/03 Xeral de Subvencións nos tres meses seguintes a súa realización, e en todo caso por motivos xustificados ata o 15 de decembro (inclusive) de 2008 salvo situacións excepcionais de prórroga. Segundo o artigo 31 do Reglamento da LXS, débense recoller as medidas de difusión da financiación pública da actividade, establecéndose, no seu caso, si é suficiente coa declaración responsable de haberse feito a mesma. Para proceder ó pago, o preceptor de calqueira subvención terá que acreditar no ser deudor da facenda provincial (artgo 18-f) RLXS) ademais de estar ó corrente das súas obligacións tributarias co Estado e Seguridade Social.

Xustificación da subvención. Para xustifica-lo cumprimento e posterior pagamento da subvención é necesario presentar:

  1. Memoria, asinada e selada, explicativa da actividade indicando ademais do seu nome, a súa repercusión social e si se cumpriron os obxectivos propostos. No caso da realización de cursos a memoria debe recoller ademais do nome do proxecto a descrición do curso, nº de horas impartidas, prácticas laborais e espectativas laborais do alumnado, nome e D.N.I. do monitor e titulación específica. Tamén se fará constar que a relación de participantes e o seu D.N.I. consta nos arquivos da Asociación a disposición da Deputación si así o requerise.
  2. Xustificación das obrigas impostas (difusión publicitaria da axuda etc.)

Xustificación de gastos:

  1. Conta xustificativa de gastos, “ANEXO 7”, polo importe do presuposto total da actividade presentado pola Asociación na súa solicitude.
  2. Xustificación dos gastos, por importe da subvención concedida pola Deputación, con facturas, recibos e demais documentos fidedignos que reúnan os requisitos legais segundo o R.D. 1496/03 de 28 de novembro, sobre confección de facturas e recibos, especificando gastos por conceptos e sinalando por cada un deles precios unitarios e precio total do concepto.

Xustificación dos ingresos:

  1. Conta xustificativa de ingresos (detalle por entidades, organismos, particulares etc.)
  2. Recursos propios utilizados.
  3. Declaración responsable de que os ingresos e o recursos alleos non superan o coste ou gasto da actividade, proxecto etc. subvencionado.

Certificación de datos bancarios

Na realización de cursos terá que respectarse o número de horas aprobadas pola Deputación en base ó proxecto presentado pola Asociación. A reducción das mesmas no momento da xustificación, levará consigo a reducción da axuda segundo baremo establecido no “ANEXO 3“ para a determinación da contías das subvencións.

9.— REINTEGRO
No caso de non cumprir total ou parcialmente o obxectivo, modifica-la finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibida autorización expresa para iso ou incumprir algunha das Cláusulas fixadas na presente Convocatoria, o beneficiario deberá reintegra-la cantidade percibida á Deputación.

10.— INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
Aplicaranse as establecidas nos artigos 52 e seguintes da Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

11.— CONTROL
Os beneficiarios someteranse ás actuacións de control financieiro que leve a cabo a Deputación Provincial, ás previstas na lexislación do Consello de Contas, tendo que facilicitar tódala información que lles sea requerida.

12.— DEREITO SUPLETORIO
En todo o que non prevea as presentes bases, estarase ó disposto na Lei 38/03 Xeral de Subvencións e demáis lexislación de pertinente aplicación.



Boletín Oficial da Provincia, data 31/01/08, número 22, páxina 4, anuncio 2008000742.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 26/02/2008 13:55
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/