|
turismo rías baixas
Contratación do servizo de limpeza na sede de Turismo Rías Baixas
prego técnico
Prego de prescricións técnicas que han de rexer a contratación do servizo de limpeza na sede de Turismo Rías Baixas.
Trátase de efectuar a contratación do servizo de limpeza de mantemento do edificio “Palacete das Mendoza”, sito na Praza de Santa María, s/n, na cidade de Pontevedra.
O servizo se realizará de luns a venres, en horario diúrno, preferentemente na xornada de tarde, excluíndo os festivos, tendo en conta o horario de apertura do centro.
Este servizo de limpeza de mantemento efectuarase co seguinte cadro de frecuencias:
- Tarefas diarias:
- Varrido e fregado de chans.
- Aspirado de alfombras e moquetas.
- Limpeza de mobiliario.
- Limpeza de material ofimático.
- Limpeza de papeleiras e cinceiros.
- Limpeza do comedor-office, incluíndo vaixela.
- Limpeza dos servizos de W.C. e lavabos.
- Limpeza de pegadas en cristaleiras.
- Tarefas semanais:
- Limpeza de portas e marcos.
- Limpeza de metais.
- Desempolvado de extintores e cadros.
- Tarefas mensuais:
- Limpeza de cristais de fiestras.
- Limpeza de paredes alicatadas.
- Abrillantado do chan.
- Tarefas anuais:
- Limpeza de lucernario.
- Limpeza de puntos de luz.
Para a realización destes servizos o contratista deberá concretar nunha memoria explicativa a forma e os medios materiais que vai utilizar na execución do contrato, que serán por conta da empresa. A medida que se practique a limpeza procederase á recollida do lixo en bolsas de plástico cerradas e depositadas nos contedores habilitados ó efecto.
A empresa deberá especificar os produtos de limpeza a empregar, que serán por conta da empresa indicando a composición química e toxicidade, segundo a normativa vixente.
O persoal que utilice o contratista para a limpeza deberá estar debidamente uniformado con roupas adecuadas que permitan a identificación da empresa á que pertencen e ó mesmo tempo sexan as adecuadas para a prestación do servizo obxecto do contrato.
O persoal mínimo que a empresa adxudicataria deberá aportar para efectuar o servizo será de dúas limpadoras e 1 equipo de cristaleiros e a empresa adxudicataria respecto ó mesmo terá as seguintes obrigas:
- Terá a obriga de vixiar as labores realizadas polos seus empregados de limpeza.
- As tarefas mensuais e semanais deberán estar recollidas nunhas follas de servizos debidamente conformadas por Turismo Rías Baixas, que deberán presentarse xunto con cada factura.
- A formación do seu persoal para a correcta realización das tarefas encomendadas.
- O contratista adquirirá polo feito da formalización do contrato, os dereitos e obrigas inherentes á súa calidade de patrono, respecto ó persoal que utilice para os traballos contratados, non afectando a “Turismo Rías Baixas”, na súa virtude, fronte a dito persoal e contratista, responsabilidades de ningunha clase en ningún caso.
- Serán do cargo do contratista, o pago das cargas familiares, o aseguramento dos riscos derivados de posibles accidentes de traballo e o pago de cuotas, de todas clases, de seguros sociais creados ou que no sucesivo puideran crearse. A estes efectos deberá ter sempre a disposición de Turismo Rías Baixas os documentos que xustifiquen o cumprimento destas obrigacións.
- O contratista asumirá as responsabilidades inherentes ó persoal que traballa na sede de Turismo Rías Baixas, en virtude do Convenio Colectivo do sector.
- O contratista responderá de tódolos danos que poidan causarse no edificio polo persoal da súa empresa na realización dos traballos de limpeza.
- A empresa adxudicataria comprométese a cubrir, de forma inmediata, as ausencias producidas entre o persoal, por enfermidade ou por calquera outra causa.
- En caso de emerxencia a empresa terá que prestar colaboración en materia de limpeza sempre que se lle solicite e cando sexa necesario por mor de traballos de reparación e conservación do edificio.
Pontevedra, 5 de novembro de 2007
O DIRECTOR, J. Octavio Rodríguez Nieto |
|
|