[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 23 DE XUÑO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial » Servizos » Arquivos Municipais » Lalín » Introducción

Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10 11
LALÍN 

Introducción

O territorio do concello de Lalín sitúase no norte da provincia de Pontevedra, no centro da comarca do Deza; linda cos concellos de Vila de Cruces, Agolada, Rodeiro, Dozón, Irixo, Forcarei e Silleda.

Ocupa unha gran superficie, superior ós trescentos catorce quilómetros cadrados, con trescentas trinta e catro entidades de poboación dispersas nas corenta e oito parroquias actuais: Albarellos, Alemparte, Anseán, Anzo, Barcia, Bendoiro, Bermés, Botos, Busto, Cadrón, Camposancos, Cangas, Castro de Cabras, Catasós, O Cello, Cercio, Cristimil, Doade, Donramiro, Donsión, Filgueira, Galegos, Goiás, Gresande, Lalín, Lebozán, Lodeiro, Losón, Maceira, Madriñán, Méixome, Moneixas, Moimenta, Noceda, Palmou, Parada, Prado, Rodís, Santiso, Sello, Soutolongo, Val do Carrio, A Veiga, Vilanova, Vilatuxe, Xaxán, A Xesta e Zobra, nas que residen ó redor de vinte mil habitantes.

Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa definitiva inclusión na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Lalín. A totalidade das parroquias dependían no Antigo Réxime da xurisdicción do Deza, con señorío do conde de Lemos e da de Cambra, con señorío do arcebispo de Santiago.

Iniciado o proceso de constitución dos concellos a principios do século dezanove chegaron a funcionar moitos neste territorio, entre eles os de Lalín, Bendoiro, Vilatuxe, Catasós, Lodeiro, Vilanova, Barcia, Bermes, Noceda, Cangas e Losón. Xa no proceso definitivo créase o concello de Lalín, dentro do Partido Xudicial do mesmo nome, cun total de corenta e oito parroquias.

Do funcionamento continuado do concello ata a actualidade xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto de sucesivos tratamentos por parte do Servizo Técnico do Patrimonio Documental. A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1989, data a partir da cal se acometeu un novo proceso de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluído o traslado e sensible mellora dos equipamentos e do local.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 [4] 5 6 7 8 9 10 11

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 27/07/2011 09:08
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/