[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 20 DE FEBREIRO DE 2018 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Patrimonio Documental e Bibliográfico » Editorial

EDITORIAL  

Amelia de Terra de Montes

Amelia de Terra de Montes
Producciones Federico de la Peña
© Deputación Provincial, 2005
Soporte vídeo
ISBN 84-8457-248-X
Col. “Natureza galega”

Este ambicioso documental sobre a comarca de Terra de Montes permitiranos apreciar a fermosura dun lugar no que natureza e tradición permanecen inalteradas. Federico de la Peña será quen de amosarnos unha parte importante da vida animal e vexetal desta zona nun percorrido polas distintas estacións do ano, deténdose preferentemente no outono e na primavera. Neste camiño teremos a oportunidade, tamén, de ollar un tradicional aparello: o muíño, noutros tempos elemento de grande importancia económica e social.

É esta unha viaxe pola natureza de Terra de Montes da man de Amelia, unha anciá que vive soa e que serve de base para afondar nos valores paisaxísticos do lugar. Amelia achegaranos, así mesmo, vellas tradicións e lendas que aínda se manteñen vivas, contos que pasaron de xeración en xeración pero que corren o risco de se perder.

Tradición e modernidade mestúranse neste traballo: as novas xeracións, por unha banda, que foxen cara á cidade, e os vellos, pola outra, que se resisten a abandonar a súa aldea e a súa forma de vida. Amelia é, precisamente, unha desas anciás que elixiu pasar os seus últimos días soa pero na súa terra, na Terra de Montes.

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 22/05/2006 09:37
Copyright © 2002-2018, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/