[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 21 DE AGOSTO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Patrimonio Documental e Bibliográfico » Patrimonio Documental » Patrimonio Documental Provincial

Páxina [1] 2 3
PATRIMONIO DOCUMENTAL PROVINCIAL 

Patrimonio Documental Provincial

Dada a importancia histórica dos arquivos da Administración local, e en vista do seu estado de abandono, a Deputación estimou necesario prestar un importante servizo de asistencia técnica en materia de patrimonio documental, aprobando en 1980 un plan de organización de arquivos das entidades locais, que posteriormente derivaría nun servizo técnico estable.

O artigo 36.1.b. da Lei 7/85 reguladora das bases do réxime local sinala entre as funcións da deputacións: "a asistencia e a cooperación xurídica, económica e técnica aos concellos, especialmente oos de menor capacidade económica e de xestión". Dentro dela concíbese a asistencia en materia de patrimonio documental.

As actuacións desenvoltas permiten dispor na actualidade duns fondos documentais conservados de forma axeitada, con suficientes instrumentos de descrición para o seu uso, e na meirande parte dos casos en soporte informático.

O Servizo Técnico do Patrimonio Documental Provincial atópase no antigo Fogar provincial.

Rúa Padre Amoedo, 1

36002 PONTEVEDRA

Teléfonos: 886201000 - 986 804 100

Fax: 886 201 180

E-mail: arquivo@depo.es

Dirección páx. web: arquivos.depo.es

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 17/03/2014 12:14
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/